Cerrar
Ponte de Cuñas, S/N 27760 - Lorenzana - Lugo
+34 982 12 14 06 info@terrasdamarina.es

Indicación Xeográfica Protexida “Faba de Lourenzá”

Antecedentes

A faba foi introducida en Europa polos españois no século XVI e a súa implantación foi moi lenta, non aparecendo citas escritas ata mediados do século XVIII.

En España existen unha serie de variedades tradicionais, características de diferentes zonas ou rexións e que se identifican con diferentes nomes. Galicia produce actualmente máis do 30% de faba de gran que se cultiva en España.

O cultivo da faba estendeuse en Galicia habitualmente asociada ao cultivo do millo, existindo numerosas referencias que amosan a súa importancia na alimentación e nas transaccións comerciais de distintas épocas.

Existen numerosas publicacións que fan referencia ao cultivo da Faba na Mariña luguesa e á importancia deste cultivo nesta zona. As referencias máis antigas son do século XVIII.

A partir do ano 1960 incrementouse o cultivo e a produción de fabas na Mariña luguesa e sobre todo nos municipios de Lourenzá e Ribadeo, alcanzando unha grande calidade, o que fixo que adquirisen recoñecemento nos mercados e entre os consumidores.

Na actualidade é de destacar a Festa da Faba de Lourenzá que se celebra desde o ano 1991 e que foi declarada de Interese turístico no ano 2001.

Normativa

  • Orde do 20 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional (DOG 27.08.08)
  • R (CE) Nº 965/2009 da Comisión de 15 de outubro de 2009 polo que se inscribe unha denominación no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas – Faba de Lourenzá – IXP – (L271/8 do 16/10/2009).

Produto Protexido

O produto amparado por esta indicación xeográfica son fabas secas separadas da vaina, procedentes da familia das fabáceas ou leguminosas, especie Phaseolus vulgaris L., da variedade local coñecida como Faba Galaica, procedentes de sementes certificadas, reemplazo controlado da propia explotación ou de sementes procedentes doutras plantacións inscritas nos correspondentes rexistros.

Ámbito Xeográfico

A zona de produción, almacenamento e envasado abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo coñecido como A Mariña Luguesa, comarca natural dividida administrativamente en tres comarcas: A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental, e que engloba os concello de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

O Cultivo

O cultivo tradicionalmente empregado nesta faba de mata alta era en asociación co cultivo do millo, pero actualmente se produce en monocultivo.

Monocultivo Asociación
Sementeira Maio – Xuño
Entutorado 2.5 m altura cada 3 ou 4 m
Marco de plantación 1-2 m entre liñas

0.20-0.40 m entre plantas

0.8 m entre liñas

0.45-0.60 m (millo) e 0.15 m (faba)

Maíz- 0.8 m entre liñas, e 0.3-0.45 m na liña

Faba – liñas a ambos lados do millo a 0.3 m

Recolección Fin. Agosto – Fin. Novembro

Características do Produto

As fabas comercializadas ao abeiro desta indicación xeográfica presentan as seguintes características:

Forma Ril, longo, semicheo
Cor Blanca uniforme
Tamaño Grande, 80-120 gr./100 sementes
Humidade entre 14-17 %
Proporción de pel Escasa, entre o 8 e o 10 %
Capacidade de absorción de auga Elevada, superior ao 100 %

Cata

O comportamento en cocción é moi bo, conseguíndose ao remate do proceso graos enteiros e completos, nos que destaca a pastosidade da pulpa, exenta de grumos e escasamente diferenciada da pel.

Comercialización

  • As fabas protexidas deberán ser comercializadas en envases de 0,5 qg. e 1 qg. de peso, de materiais para uso alimentario autorizados pola lexislación vixente, que permitan unha boa conservación do produto. Están autorizados envases de maior capacidade para a súa comercialización a colectividades (5, 10, 15 e 25 qg.).
  • Todos os envases de fabas comercializados ao abeiro da indicación xeográfica protexida deberán levar a etiqueta comercial correspondente á marca propia de cada envasador e unha etiqueta de codificación alfanumérica co logotipo da denominación.
  • Na etiqueta comercial figurará a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.
× WhatsApp